1.- Introdución.
En toda a Terra podemos atopar distintos ecosistemas diferenciados, factores como a temperatura ou a luz son fundamentais para o desenvolvemento de uns tipos ou outros así como a propia man humana.
O seu coñecemento e estudo é moi importante para a súa conservación, o coñecemento en detalle do medio físico sobre o que se asenta, o biótopo; o tipo ao que pertence; os seres vivos que o compoñen, a biocenose; as relacións que se establecen entre estes e a lexislación que os protexe son os principais puntos a ter en conta no seu estudo.
Aínda que a Terra é xa, por si mesma un gran ecosistema, podemos atopar outros moi diferenciados no seu interior, estes serán o obxectivo deste traballo.