2.- Organizámonos.
Para este traballo ides a formar grupos de dous a catro membros, cada grupo deberá de escoller un ecosistema real, de calquera dos que hai na Terra.
Antes de empezar o voso traballo debedes de poñervos de acordo para que non haxa repeticións. Sería importante que nesta selección houbese variedade nos tipos de ecosistemas escollidos; así, na exposición en común, poderemos ter un maior coñecemento deles.
Se sodes máis de dúas persoas no grupo elixide unha coordinadora ou coordinador que será quen decida o reparto de traballo así como o rumbo que vai a ter, para elo deberá de escoitar as propostas dos membros do grupo.