Rudyard Kipling:


Escritor inglés que naceu en Bombay (India). Foi autor de poemas, contos, relatos cortos e novelas. Da súa obra destacan libros como Kim da India, O home que puido reinar, O libro da selva ou Capitáns intrépidos; novelas que foron adaptadas ao cine e a televisión en varias ocasións.

No ano 1907 foi o primeiro inglés en conseguir o Premio Nobel de Literatura; aínda que non lle gustaban moito os premios e honores decidiu, xunto coa súa viúva, o ser enterrado no Poets Corner da Abadía de Westminster lugar reservado para os membros máis ilustres do Imperio Británico.