5.- O noso satélite, a Lúa:
Mentres que os planetas dan voltas arredor dunha estrela (no noso caso o Sol), os satélites dan voltas arredor dun planeta.A lúa é o único satélite natural da Terra, atópase a uns 380 000 km e ten un tamaño unhas catro veces menor ca Terra. Aínda que poda parecer o contrario non emite luz algunha o único que fai e reflectir a luz que lle chega do Sol. Non posúe auga e a súa superficie está chea de cráteres provocados polo impacto de meteoritos debido a que non posúe unha atmosfera protectora que a protexa. Esta ausencia de atmosfera tamén fai que haxa moito contraste entre a temperatura do día e a da noite.
Como a Terra, realiza dous movementos, o de rotación, no que tarda aproximadamente 28 días (27 días e 7h) en dar unha volta completa, e o de translación, onde tamén tarda 28 días en dar unha volta enteira arredor da Terra.Segundo a posición na que se atope respecto do Sol podemos observar catro fases lunares: lúa nova, cuarto crecente, lúa chea e cuarto minguante.