Translación: a Terra móvese arredor do Sol describindo unha traxectoria elíptica a que se chama órbita. Tarda 365 días e seis horas en dar unha volta completa. Este movemento da lugar as catro estacións, primavera, verán, outono e inverno influíndo nos ciclos vitais de case que todos os seres vivos.

Dado que o eixe está lixeiramente inclinado ocorre que os raios alcanzan a Terra con distinta inclinación segundo o momento do ano e o hemisferio (a Terra atópase dividida en dous “hemisferios”, o norte e o sur, separados por outra liña imaxinaria chamada ecuador) no que nos atopemos, así no hemisferio norte, durante o verán, aínda que a Terra se atopa máis lonxe do Sol, os raios chegan case que perpendiculares o que trae consigo máis horas de luz e un aumento das temperaturas. Pola contra, no inverno a Terra atópase máis preto do Sol pero os raios chegan máis “inclinados” e hai un número menor de horas de luz.

A

L

W

C