3.- Os movementos da Terra:


A Terra realiza dous movementos: o de rotación e o do translación.

Rotación: a Terra xira sobre ela mesma, como un peón, arredor dun eixe imaxinario (do Polo Norte ao Sur) que está lixeiramente inclinado. Tarda 24 horas en dar unha volta completa e da lugar ao día e a noite.

A hora do reloxo adaptouse sempre a luz do Sol, considerábase que era o medio día (as 12 da mañá) cando o Sol se atopaba no punto máis alto do ceo, iso fai que os científicos “dividiran imaxinariamente” a Terra en 24 zonas verticais chamadas fusos horarios, normalmente os países situados no mesmo fuso teñen o mesmo horario.

A

L

G

C