7.- As galaxias e o universo:


Varios sistemas planetarios forman unha galaxia, o sistema solar atópase na galaxia chamada Vía Láctea.

As galaxias, amais dos sistemas planetarios tamén están formadas por nebulosas que son enormes nubes de gas e po. A partir destas nebulosas fórmanse as estrelas.

O universo está formado por todas as galaxias, toda a enerxía e todo o espazo no que se atopan. Os científicos cren que o universo formouse, hai miles de millóns de anos, a partir dunha gran explosión á que chamaron Big Bang e que segue en constante expansión.

A distancia no universo é inmensa, por exemplo, da Terra ao Sol é de case 150 millóns de km, so para escribir esta distancia xa necesitaríamos nove cifras, imaxínate para medir distancias a outras estrelas; por iso, no universo, a unidade empregada para as distancias é o ano luz. Un ano luz é a distancia que recorre a luz durante un ano. Lembra que a luz recorre 300 000 km nun segundo, unha nave que puidese conseguir esa velocidade tardaría 8 minutos e 20 segundos en recorrer unha distancia igual á que separa a Terra do Sol, ou dito doutro xeito, a luz solar que estás recibindo agora mesmo fai algo máis de 8 minutos que “saíu” do Sol.

A

L