Planetas: ao redor do Sol xiran oito planetas, describindo órbitas, que se clasifican, segundo a súa proximidade ao Sol, en interiores (Mercurio, Venus, Terra e Marte) e exteriores (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno).

Satélites: xirando ao redor de moitos planetas hai satélites con distintos tamaños e órbitas.

Planetas ananos ou planetoides: estes planetas xiran tamén arredor do Sol pero máis alá de Neptuno. Os máis coñecidos son Plutón, antes era considerado un planeta, Ceres, no cinto de asteroides, ou Eiris.

Asteroides: a maioría están nunha especie de cinto, entre Marte e Xúpiter, este cinto separa os planetas interiores dos exteriores. Son corpos rochosos que poden xirar arredor dunha estrela, dun planeta ou moverse polo espazo, cando chocan cun planeta reciben o nome de meteoritos.

A

L

W

C