A Lúa exerce unha influenza sobre a Terra segundo a posición de ambas que se manifesta nas mareas e nos eclipses. ➀ As mareas: o nivel do mar varía debido a forza de atracción que a Lúa exerce sobre a Terra, esta atracción é máis forte sobre as masas de auga dando lugar á marea alta e a baixa. ➁ Os eclipses: existen dous tipos, o eclipse de Sol e o de Lúa, no caso do eclipse de Sol a Lúa atópase entre a Terra e o Sol provocando que dende determinados puntos da Terra, nese intre, non se poida ver o Sol. O eclipse de Lúa é exactamente o mesmo pero neste caso é a Terra a que está entre o Sol e a Lúa.