6.- As subdivisións dos reinos.
En cada un dos cinco reinos hai unha grande cantidade de seres con aspectos iguais entre eles pero tamén con grandes diferenzas, así, por exemplo, o can e o falcón son pluricelulares, heterótrofos e teñen unha reprodución sexual pero tanto no seu aspecto externo como no xeito de realizar as tres funcións presentan diferencias pesa a estar ambos no reino dos animais.
Para clasificar a cada reino os científicos fan subdivisións dentro de eles, así cada reino divídese en filos, cada filo ten varias clases, cada clase varias ordes, cada orde varias familias, cada familia varios xéneros e cada xénero varias especies.
A subdivisión máis pequena, a especie, é un grupo de seres vivos con moitas características en común e que poden reproducirse e ter descendentes coas súas mesmas características e capaces, á súa vez, de reproducirse.
Na natureza existen cruces de animais de distintas especies como o caso da mula ou mulo, froito do cruce dunha egua e un burro, pero, tal e como comentamos, non chega a constituír unha especie xa que a mula é estéril (non pode reproducirse).