5.- Os cinco reinos.


Podemos clasificar aos seres vivos polo número de células en unicelulares e pluricelulares, no caso da súa alimentación en autótrofos e heterótrofos ou segundo o seu tipo de reprodución en asexual ou sexual.

Se temos en conta todas estas características fixándonos na estrutura do seu corpo e en como realizan as tres funcións vitais atopamos cinco grandes grupos aos que os científicos chaman reinos.

Animais: pluricelulares de nutrición heterótrofa cuxo corpo está formado por agrupacións de células chamadas tecidos.
Plantas: pluricelulares de nutrición autótrofa formados por células cunha parede ríxida.
Moneras: unicelulares. E o reino ao que pertencen as bacterias.
Fungos: formados por fermentos (unicelulares) e mofos (pluricelulares), son heterótrofos.
Protistas: pertencen a este reino os protozoos (unicelulares heterótrofos) e as algas (pluricelulares autótrofos).

A

L

C