Sobre as actividades
Traballamos aquí as sílabas trabadas na primeira sílaba de palabras bisílabas. Na súa meirande parte coas consoantes iniciais da aprendizaxe lectoescritora: m, p, s, l, d e t, aínda que hai algunha co g e c.
Este traballo está proposto para exercitar a conciencia fonolóxica intrasilábica.
Para o alumnado disléxico supón un traballo importante a nivel fonolóxico, xa que as sílabas trabadas resúltanlles difícil de percibir, sobre todo co n.
Elaboráronse moitas páxinas de actividades, separadas en bloques por unha actividade de xogo (crebacabezas, mosaico,…).
Todas as fotografías están escollidas para poder ofertar a oportunidade de falar arredor delas e poder desenvolver a lingua oral, tanto no vocabulario como na descrición e/ou narración suxerida pola imaxe.
Así ofrecemos a palabra barba, que ademais de ser o pelo da cara nos homes, acepción máis que coñecida, asociámola tamén ao seu outro significado como parte do millo. A palabra mollo e monllo poderían ser sinónimas para atado ou brazado de verdura, mais adxudicouse mollo a sinónimo de prebe ou salsa.
A palabra pena non se quixo asociar ao verbo apenar, senón que se preferiu o significado de pedra de gran tamaño, sendo parte dun topónimo moi recurrente en Galicia.
A palabra capa afastouse do seu posible referente inicial como prenda de vestir, e preséntase como sinónimo de tornarratos ou rateira.
A escolla de imaxes de persoas pretende afastarse de estereotipos: aparecen persoas con diversidade funcional (homes xogando ao fútbol con unha soa perna).
As distintas páxinas das actividades non teñen enunciados para que o alumnado poida traballar a interpretación e dedución a partir de elementos non textuais: iconas, distinta presentación das actividades, similitude con outras xa feitas,...
De ser precisa algunha aclaración esta aparecerá na parte inferior da actividade.
Sobre as imaxes e os sons
A maioría das imaxes utilizadas están sacadas da páxina de Pixabay,
http://pixabay.com/es/ Banco de imaxes e vídeos libres de dereitos de autoría baixo a licencia Creative Commons CC0.
Noutros casos son de http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/ banco imaxes e sons baixo licenza CC BY-NC-SA 3.0
O ruído de erro está sacado desta última páxina.
O chío do pimpín en caso de facer correctamente a actividade, provén deste ficheiro de uso libre:
Título: HYPERLINK "https://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File%3AFringilla_coelebs_short.ogg"Fringilla coelebs short.ogg Autoría:
HYPERLINK "https://en.wikipedia.org/wiki/User:Mysid"User:Mysid Este ficheiro procede de HYPERLINK "https://commons.wikimedia.org/wiki/Portada_galega"Wikimedia Commons.
A locución das actividades son de elaboración propia.
Listado de imaxes cos seus enderezos web:
Baba: De Luis Miguel Bugallo Sánchez - Obra propia (self made), GFDL, https://gl.wikipedia.org/w/index.php?curid=130509
Barba: De H. Zell - Trabajo propio, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=11484036
Dado: https://pixabay.com/es/photos/dados-juego-pe%C3%B3n-juego-de-mesa-1264058/
Dardo: https://pixabay.com/es/photos/dart-dardos-movimiento-103020/
Mollo: https://pixabay.com/es/photos/carne-filetes-fried-carne-frita-775710/
Monllo: foto propia
Monto: https://pixabay.com/es/photos/montar-a-caballo-caballo-ecuestre-4030864/
Moto: https://pixabay.com/es/vectors/moto-bicicleta-motocicleta-2029941/
Pata: https://pixabay.com/es/photos/pata-de-gato-mano-gato-humano-1375792/
Pasta: https://pixabay.com/es/photos/italiano-espagueti-pasta-1082230/
Parvo: https://pixabay.com/es/illustrations/rama-cambio-empresario-hombre-73326/
Pavo: De Hunter Desportes - P2097253, CC BY 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=13296360
Pena: De RodrigoRega - Obra propia, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=40718963
Perna: https://pixabay.com/es/photos/deportes-f%C3%BAtbol-amputaci%C3%B3n-handicap-2706937/
Pita: https://pixabay.com/es/photos/gato-tasa-de-pollo-amigos-mascota-3763806/
Pinta: https://pixabay.com/es/photos/pintura-la-pared-mujer-ni%C3%B1a-casa-1744956/
Pista: https://pixabay.com/es/photos/pista-agr%C3%ADcola-camino-rural-351475/
Ponte: https://pixabay.com/es/photos/espa%C3%B1a-puente-r%C3%ADo-viejo-galicia-4358489/
Porta: foto propia
Poste: https://pixabay.com/es/photos/aves-cable-de-tel%C3%A9fono-sentado-1030919/
Pota: https://pixabay.com/es/photos/papa-cocinar-bote-comer-alimentos-544073/
Pote: De Tamorlan - Trabajo propio, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=1372428
Capa: De Rubén Bastón - originally posted to Flickr as Horreo de madeira, en Allariz, CC BY 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=9861299
Caspa: https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/73/Tipos_Caspa.png
Teto: https://pixabay.com/es/photos/becerro-vaca-mam%C3%A1-madre-e-hijo-244031/
Testo: https://pixabay.com/es/photos/geranio-plantas-flor-flores-715600/
Gata: https://pixabay.com/es/photos/gato-embarazadas-gato-de-la-suerte-1100368/
Gasta: https://pixabay.com/es/photos/ahorrar-hucha-dinero-monedas-3402476/
Bota: https://pixabay.com/es/photos/snow-botas-invierno-fr%C3%ADo-1148946/
Bosta: https://pixabay.com/es/photos/esti%C3%A9rcol-de-la-vaca-pan-plano-2799656/
Pesa: https://pixabay.com/es/photos/carretilla-ladrillos-la-pared-420728/
Pensa: https://pixabay.com/es/photos/frustraci%C3%B3n-pensamiento-preocupado-1241534/
Pito: De D vsquez - Obra propia, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=19850373
Pinto: https://pixabay.com/es/photos/acuarela-arte-pintar-colores-3403045/
Casa: https://pixabay.com/es/photos/casa-paisaje-galicia-arbol-741642/
Cansa: https://pixabay.com/es/photos/dormir-ni%C3%B1o-cansado-lindo-descanso-824601/