Afrodita



Esta presentación está adicada á deusa Afrodita; analizaremos o seu mito e aqueles feitos vinculados a ela máis destacados e que terán un maior reflexo nas artes plásticas.

Entre todas as divindades do Olimpo, Afrodita é a máis celebrada tanto na arte antiga como no moderno. Deusa da beleza e do amor, foi obxecto de culto en todo o mundo antigo. As festas máis famosas na súa honra celebrábanse nas illas de Citera e Chipre, segundo os mitos, lugares onde naceu. Nai de Eneas, o heroe troyano relacionado coas orixes de Roma, onde lla identifica como Venus. O emperador romano Xullo César fixo erixir un templo á que se consideraba nai da cidade: a Venus Genitrix, atribuíndo así a Roma unha afastada orixe divina.


Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Autora: Teresa Moure Pena