Interpretamos a partitura animada
Preme na seguinte ligazón para ver e escoitar a partitura: Popcorn_partitura_animada
Esta peza está formada a partir das seguintes melodías:
- Unha melodía A que todos/as os alumnos/as da clase tocarán ou ben coa frauta, cos instrumentos de placas ou co teclado.
- Unha melodía A´(que ven sendo unha variación en altura ou transporte da melodía A), que tocarán os alumnos/as con maiores coñecementos musicais.
- Unha melodía A´con variacións rítmicas, que tocarán os alumnos/as con maiores coñecementos musicais.
- Unha melodía B sinxela, que tocarán os metalófonos Soprano e Contralto.
- Unha Coda, que tocará toda a clase.
Preme agora na seguinte ligazón para tocar coa base instrumental: Popcorn_karaoke_instrumental
Estas serían as posicións que cómpre aprender para tocar a sección A coa frauta:
Para tocar nos metalófonos a sección B se precisan estas placas:
MI - SOL - LA - SI - DO´- RE´ -MI´