Saltar la navegación

Mozart e a obra K 265

O célebre compositor austríaco Wolfgang Amadeus Mozart  naceu en Salzburgo en 1756 e faleceu en Viena en 1791. Foi un xenio extraordinario e quizáis único. Ao longo da súa corta vida produciu máis obras maestras que unha ducia de compositores xuntos. A súa vida foi difícil e, ao final, tráxica.

 Como neno prodixio, foi instruido e á vez explotado polo seu pai, Leopold, violinista da corte: aos seis anos tocaba o piano e o violín e compoñía.  Tamén podía memorizar pezas musicais longas e complicadas. Dous anos despois, en 1762, o pequeno Wolfgang e a súa irmá Nannerl iniciarían unha tournée por Europa, e nunca máis volveron  ter unha infancia normal.

 Despois de numerosas viaxes extenuantes, Mozart se asentou en Viena en 1781, onde se quedaría definitivamente. A diferencia doutros compositores contemporáneos, él nunca obtivo un traballo seguro para a Igrexa ou para unha corte. Nunca se doblegou aos desexos dun patrón.  Levou unha vida precaria vendendo a súa música, dando clases ou pedindo diñeiro prestado aos seus amigos.

A pesar destas dificilísimas circunstancias, Mozart creou unha música sublime durante estos anos: dende óperas, a sinfonías, concertos, etc. Compoñía tan rápido que parecía reescribir as obras que xa estaban por completo creadas na súa mente. De todas formas, é un error pensar que a música viña hacia él de forma milagrosa: Mozart estudaba e compoñía día e noite; de feito, probablemente o exceso de traballo pudo ser a causa da súa temprana morte. 

Mozart destacou en todos os xéneros, dende a ópera ata a música de cámara, e nos deixou un legado de obras inmortais. O seu xenio para a melodía e a harmonía foi único, e a súa música está chea de sentimentos humanos. 

A obra

As doce variacións sobre “Ah vous dirai-je, Maman”, en Do Maior, foron compostas entre 1781 e 1782. 

A obra foi composta para piano solo e consta de trece seccións: a primeira é a canción popular francesa Ah! vous dirai-je, Maman, cuia melodía estaba de moda por aquel entón. As outras seccións son as variacións do mesmo, numeradas do I ao XII. 

Estas variacións presentan cambio na melodía, o ritmo, a harmonía e a textura (ou tecido da música: número de voces que se escoitan). A simplicidade e cercanía co  tema orixinal fan desta obra un exemplo paradigmático da variación musical: a pesar da elaborada modificación e ornamentación á  que se somete, a melodía popular se mantén perfectamente recoñecible.

Completa a ficha da audición

  • Obra:
  • Autor:
  • Anos de composición:
  • País do autor:
  • Estilo musical:
  • Xénero: 
  • Instrumentos:

Habilitar JavaScript