min: emprégase tras preposicións, "Para min é moi bo", ou cando é o segundo membro dunha comparación, "Ela é máis rápida ca min".
vostede e vostedes son as formas de cortesía e con eles debemos de empregar o verbo en terceira persoa. "Vostedes non foron ao campo".
A preposición "con" pode contraerse cos pronomes, min, ti, si, nós e vós dando lugar ás formas comigo, contigo, consigo, connosco e convosco.
➁ Átonos: poden ir diante ou detrás do verbo, se van diante escríbense separados; se van detrás escríbense xuntos. "Non me gusta que saltes". "Gústame que saltes".
Estes pronomes colócanse diante do verbo: nas oracións negativas "Non lles fixo caso."; nas oracións que empezan por que, quen, cando, onde, canto (e as súas variedades en xénero e número) e como. "Como che dixo?"; despois dun adverbio (ben, case, tamén, tampouco, xa...) "Xa nos viran antes."
Se se atopan os pronomes átonos me, che, lle, nos, vos e lles coas formas átonas o, a, os ou as dan lugar ás seguintes contraccións.