A partir do 1950 volve a haber unha emigración cara Arxentina e a un novo destino, Venezuela. Foi neste ano cando saíu por primeira vez á antena o programa Sempre en Galiza que se segue emitindo na actualidade integramente en galego.

Xa no 1960, debido a demanda de man de obra, a emigración galega empeza a dirixirse a zonas industriais europeas como o Reino Unido, Alemaña, Francia e Suíza así como ás principais zonas industriais de España: Euskadi, Cataluña e Madrid. Ao igual que acontecera en América empezaron a xurdir nestes países europeos e cidades españolas diversos Centros Galegos e Casas de Galicia que desenvolven na actualidade unha remarcada actividade cultural.

Coa crise do ano 2008 prodúcese un novo movemento migratorio,a falta de traballo e oportunidades fan que xoves con formación e traballadores e traballadoras cualificadas non teñan máis remedio que buscar mellores condicións de vida fóra de Galicia.

A

L

C