5.- Características da poboación galega:


Na nosa terra había, en 2016, 2 710 607 habitantes sendo a cuarta Comunidade máis poboada de España.

A súa poboación aumentou rapidamente durante o século XX ata o ano 1980, a partir do cal empezouse a producir un crecemento natural negativo cada vez máis grande. So no século XXI houbo un crecemento natural positivo coa chegada de inmigrantes ata o inicio da crise no ano 2008 a partir da cal este crecemento volveu a ser negativo, por exemplo dende o 2013 ao 2016 Galicia perdeu uns 50 000 habitantes.

Galicia presenta unha densidade de poboación de 92 habitantes por Km2, densidade moi parecida ao resto de España. Aínda que existe uns 30 000 pequenos núcleos espallados por todo o territorio (pobos e aldeas) isto non implica que a súa poboación se atope por igual en todo o territorio, máis ben, a maior parte da poboación está nas provincias de Pontevedra e Coruña e máis concretamente nas zonas costeiras ou próximas á costa destas provincias, especialmente nas cidades como Ferrol, Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo e os concellos limítrofes a elas.

A

L

O

C