3.- Os movementos migratorios:


Ao longo dos séculos a xente foi cambiando o seu lugar de residencia por distintos motivos, a posibilidade de caza ou de cultivo que tivese a zona, as condicións climatolóxicas ou laborais, epidemias, guerras e persecucións étnicas foron e son algúns dos motivos polos que levaron a moitísimas persoas deixar o seu lugar natal e asentarse noutro sitio.

A este tipo de movementos de poboación chamámoslle movementos migratorios ou simplemente migracións. As migracións poden ser de dous tipos: inmigración e emigración.


Inmigración: é a chegada de persoas doutro lugar.

Emigración: é a saída de persoas para vivir noutro lugar.

Cando as emigracións ocorren dentro dun determinado país dicimos que son migracións internas, por exemplo cando as persoas deixan o seu pobo e van a vivir á cidade na procura dunha mellor calidade de vida. Cando se realizan entre distintos países falamos de migracións exteriores.

A

L

C