1.- Elementos que empregamos para estudar a poboación:
A poboación é o conxunto de persoas que viven nun determinado lugar como un pobo, cidade, comunidade autónoma, país... Á ciencia que a estuda é a demografía.
Para o seu estudo podemos fixarnos en distintos aspectos:
➀ A idade: unha poboación pode ser nova (de 0 a 14 anos), adulta (dos 15 aos 65 anos) ou anciá (máis de 65).
➁ O sexo: pódense establecer estudos para homes e mulleres.
➂ O tipo de residencia: hai dous grandes apartados, urbana, cando nos referimos ás cidades e rural cando vive en poboacións de menos de dez mil habitantes.
➃ O traballo: distinguimos entre poboación activa e non activa, a activa está formada polas persoas que maiores de 16 anos e menores de 65 que buscan ou realizan algún traballo polo que reciben un salario. O resto constitúe a non activa, persoas xubiladas, estudantes ou persoas que non buscan ningún emprego.
➄ A densidade de poboación: é o número de habitantes que hai por quilómetro cadrado.