6.- As relacións alimentarias.


Entre os seres vivos que habitan un ecosistema establécese tamén unha relación de alimentación ao precisar unhas especies (heterótrofas) doutras para subsistir. Segundo consigan ese alimento temos tres grandes grupos:

Os produtores: fabrican o seu propio alimento mediante a fotosíntese. É o caso de plantas, algas e algunhas bacterias.

Os consumidores: aliméntase doutros seres vivos. Os herbívoros considéranse consumidores primarios e os carnívoros son secundarios e incluso terciarios cando se alimentan doutros carnívoros.

Os descompoñedores: aliméntanse dos restos doutros seres vivos, por exemplo os fungos e bacterias.

A

L

C