3.- Tipos de ecosistemas:
Segundo as características do biótopo hai tres principais tipos de ecosistemas:
➀ Acuáticos: nesta clase os seres vivos desenvolven a súa vida na auga. Basicamente hai dous tipos de ecosistemas acuáticos, os de auga doce e os de auga salgada. Como exemplo temos o coral, un río, unha lagoa ou o océano.
➁ Terrestres: aquí a vida desenvólvese na terra. Hai gran variedade debido aos numerosos factores que condicionan ás especies; temperatura, dispoñibilidade de auga, luz... Por exemplo unha fraga, un prado ou un deserto.
➂ Mixtos: atópanse en zonas onde concorren auga e terra como nas praias, unha marisma ou un delta.