1.- Os ecosistemas:


Os seres vivos teñen distintas necesidades, un peixe necesita a auga para vivir, un paxaro necesita unha zona con árbores para construír os seus niños, un cacto apenas necesita auga polo que pode vivir no deserto, por iso todos eles viven en lugares onde poidan satisfacer esas necesidades.

Un ecosistema é o conxunto formado por un lugar ou medio físico, os seres vivos que habitan ese lugar e as relacións que se establecen entre todos eles.

Os ecosistemas poden ser tan grandes como unha fraga ou unha selva ou tan pequenos como un simple charco. O ecosistema maior que existe está formado pola Terra e todos os seres vivos que habitamos nela. Este ecosistema é a biosfera.

L

C