3.- A procura.


Como sempre poderedes empregar Internet, libros de consulta, enciclopedias ou calquera recurso do que se poda extraer a información, esa información debe de ser breve, concisa e moi clara xa que serás o coordinador ou coordinadora quen lle explique ó resto da clase o dato ou datos aportados. Se podes, contrasta que noutros lugares, outras páxinas de internet, unha enciclopedia, etc aparece a mesma información.

Os datos a buscar, como mínimo, deben de estar centrados nos elementos básicos de calquera ecosistema, descrición do biótopo, tipo, biocenose e as relacións establecidas entre os seres vivos que a compoñen, pode ser interesante, a xeito de exemplo o contar con datos dunha cadea e unha rede alimentaria propia do ecosistema estudado.

Dado as características do traballo que ides a realizar esta información deberá de ser o máis gráfica posible, fuxindo de grandes textos e do exceso de información.