Federico García Lorca foi un dos grandes poetas españois, aínda que case que a totalidade da súa obra está escrita en castelán da súa estancia en Galicia xurdiu "Madrigal á cibda (cidade) de Santiago", escrita na nosa lingua. Coa axuda das seguintes pistas intenta recompoñer un anaco deste poema:
Son dúas estrofas (separa cada unha pola liña) de catro versos cada unha. Na primeira estrofa os versos teñen 5, 5, 7 e 8 sílabas; mentres que no segundo teñen 5, 5, 8 e 8.