unha praga en Australia

Como saberás Australia é un país situado en Oceanía, o continente insular. Ata mediados do século XVIII non existía ningún animal desta especie neste continente. Nestas datas, un colono británico chamado Thomas Austin ceibou seis parellas de coellos salvaxes procedentes de Inglaterra cos que poder seguir practicando un dos seus pasatempos favoritos, a caza. Esta idea trouxo consigo un gran problema que chegou ata os nosos días.

O coello atopou nestas terras un hábitat abundante en alimentos e sen depredadores que xunto coa súa gran capacidade de reprodución fixo que, en moi pouco tempo a súa poboación medrase enormemente. Unha coella entra en celo cada 21 días, a xestación soe durar sobre 30 días e pode ter camadas de ata 12 ou 13 crías.

O coello

En poucos anos invadiron o espazo doutras especies nativas, acababan coa súa comida e ocupaban os seus tobos chegando á extinción de especies endémicas e a destrución de bosques enteiros xa que o coello aliméntase dos brotes das plantas polo que acabaron con todas as árbores que empezaban a aparecer nos campos ademais acababa co alimento dunha dos recursos económicos do país, o gando ovino.

Sobre o ano 1920 estímase que a poboación de coellos era superior aos 10 000 millóns de individuos o que fixo que as autoridades empezasen a tomar cartas no asunto.

O primeiro intento foi o de introducir ao seu depredador natural, o raposo, pero o raposo pronto descubriu que era moito máis doado cazar outros animais propios da zona

unha praga en Australia


como os lentos ualabís (unha especie de canguros pequenos) e deixaron de cazar coellos.

O coello

Dado a gran abundancia de comida para o raposo a poboación deste tipo de animal tamén empezou a medrar enormemente polo que empezaron a cazar a moitas especies de aves. Con isto a poboación de aves foi cada vez pequena co que empezaron a aumentar os insectos.

Os insectos eran moi daniños para as árbores, e máis concretamente para os eucaliptos. Nun principio os australianos pensaron que o problema dos eucaliptos debíase aos koalas polo que empezaron a eliminalos aínda que se arrepentiron antes de acabar coa especie.

unha praga en Australia

Como os primeiros intentos non fixeran máis que aumentar o problema e producir outros novos dispúxose intentar a redución da poboación de coellos mediante velenos como a estricnina, isto fixo que a poboación minguara pero non o suficiente. Chegouse a construír a Rabbit Proof Fence (valado a proba de coellos en galego) para manter as zonas de pastoreo de Australia Occidental illadas dos coellos e outras pragas agrícolas. Aínda que este valado ten 3253 km a poboación de coellos seguiu medrando.

Os australianos cansados e decepcionados empezaron, sobre o 1950, unha guerra bacteriolóxica, introducindo o virus da mixomatosis que ataca ás mucosas e a pel dos coellos. Este virus transmítese por mosquitos e pulgas. Ao so afectar aos coellos o virus chegou a matar máis de 500 millóns de individuos pero, en pouco tempo os coellos

O coello

fixéronse resistentes ao virus e volveron a empezar a reproducirse e aumentar a súa poboación.

Os científicos empezaron a buscar un novo virus e fixeron probas con un que provoca lesións nos pulmóns e fígados dos coellos matándoos en moitos casos. Os primeiros experimentos fixéronse nunha illa pero os mosquitos encargáronse de levalo ao resto de Australia, morrendo así sobre uns 10 millóns de individuos, vendo que non afectaba a outros animais as autoridades decidiron propagalo. Nos seguintes meses á propagación deste virus chegou a morrer o 60% da poboación de coellos. Desde este feito a fauna e flora propias de Australia empezaron a recuperarse, non obstante queda por ver que ocorrerá cando os coellos se fagan resistentes ao virus e as posibles mutacións que este poda ter.

unha praga en Australia