Recursos que emprega:

O diálogo: os personaxes expresan por si mesmos o que acontece e por medio destes diálogos podemos coñecer o carácter e xeito de ser de cada un. O diálogo pode presentarse de dúas formas: directo, onde aparecen as propias palabras dos personaxes, e indirecto, o personaxe non fala por el mesmo senón por medio do narrador.

O monólogo: presenta pensamentos e reflexións do personaxe.

A descrición: mediante a cal da unha imaxe ao lector de todo o que está a acontecer así como dos elementos que interveñen.

A exposición: na que se presenta algunha idea ou se da algunha información.

Estrutura dunha obra narrativa:

Inicio: preséntanse os personaxes principais, o lugar e o tempo no que acontece a historia.

ou desenvolvemento: é cando se desenvolven os acontecementos principais que afectan aos personaxes.

Desenlace: é a parte final da obra na que se resolven os acontecementos.

A