A narrativa:
Unha narración é o relato de acontecementos, reais ou ficticios, ocorridos nun determinado espazo e período de tempo.
Pertencen á narración os contos, as novelas ou as lendas.
En toda narración podemos distinguir:
➀ Narrador: é a voz que conta ao lector ou que vai acontecendo, pode presentar aos personaxes e sitúa a acción ou secuencia dos acontecementos nun determinado tempo e espazo. Isto pode facelo en 1ª persoa, onde o narrador é un dos personaxes, ou en 3ª persoa, o narrador non intervén nos acontecementos que se contan.
➁ Personaxes: normalmente hai un ou varios nos que se centra toda a acción, son os personaxes principais tamén chamados protagonistas. O resto de personaxes, que non teñen unha presenza tan importante no relato, son os chamados personaxes secundarios.
➂ Tempo: indica a duración e o momento no que se desenvolve a historia. Presente, pasado ou futuro.
➃ Espazo: é o lugar ou lugares nos que acontecen os feitos.
➄ Acción: está dada pola serie de acontecementos reais ou imaxinarios que se relatan.