A comunicación


Cando transmitimos información, sentimentos, ordes, opinións ou consellos estamos comunicándonos, a este feito chamámoslle comunicación e nela interveñen os seguintes elementos:

Emisor: é que transmite a información.
Receptor: quen recibe esa información e a interpreta.
Mensaxe: a información que se transmite.
Código: conxunto de signos empregados para transmitir esa información. Este código debe de ser coñecido polo emisor e o receptor.
Canal: é o medio físico polo que se transmite a mensaxe, o aire, o papel, o fío telefónico, ondas de TV...
Contexto: o lugar, tempo, condicións sociais... nos que acontece a comunicación.

Segundo os medios empregados para establecer a comunicación temos dous tipos:

Comunicación verbal: emprégase a lingua. Unha conversa, un libro...
Comunicación non verbal: aquí a comunicación establécese mediante xestos, imaxes, movementos do corpo... Os sinais de tráfico, unha obra de ballet, un mimo... son algúns dos exemplos.