➀ Os meridianos rodean a Terra de norte a sur e pasan polos dous polos. Como referencia tómase o meridiano de Greenwich tamén chamado meridiano 0º.
➁ Os paralelos: son circuferencias paralelas que rodean a Terra de leste a oeste. O paralelo de referencia é o ecuador.
Coa axuda destes dous tipos de liñas podemos localizar un determinado punto con total exactitude mediante as coordenadas xeográficas que son a latitude e a lonxitude.
➀ Latitude: é a distancia (mídese en graos) que hai dende o ecuador ao punto, se o punto está ao norte do ecuador dicimos latitude norte mentres que se está ao sur dicimos latitude sur.
➁ Lonxitude: é a distancia (tamén en graos) que hai dende o meridiano de Greenwich ao punto, se o punto está ao leste deste meridiano dicimos lonxitude leste e no caso contrario lonxitude oeste.
Cando queremos representar unha superficie terrestre menor que toda a Terra, un continente, un país, unha rexión ou un simple pobo, empregamos os mapas.