➃ Xeosfera: formada polos materiais sólidos como rochas e minerais, configura os continentes.
Presenta tres capas: cortiza, manto e núcleo.
A codia ou cortiza é a parte máis externa e delgada (entre os 7 e os 70km de profundidade), está formada por rochas e constitúe os fondos dos océanos e mares, illas e continentes.
O manto é a capa intermedia e grosa (uns 3000km), os materiais que a compoñen atópanse fundidos dada a súa alta temperatura.
O núcleo, unha esfera duns 3500km de radio, formado por metais, ferro e níquel principalmente, é a parte máis interna cunha temperatura moi elevada.