2.- As partes da Terra:
O noso planeta ten unha forma case esférica (está achatada na zona dos polos) e nel podemos atopar catro grandes elementos:
➀ Atmosfera: é a capa gasosa que envolve á Terra, formada principalmente por nitróxeno, osíxeno e hidróxeno, nela teñen lugar os fenómenos meteorolóxicos como ventos, nubes, precipitacións e tormentas.
Está divida en catro capas. Dúas exteriores, a mesosfera (onde se producen as estrelas fugaces) e a termosfera (aquí fórmanse as auroras boreais), e dúas interiores, a estratosfera (nela atópase a capa de ozono que nos protexe da radiación solar) e a troposfera, onde hai a maior parte do osíxeno e vapor de auga e desenvólvense os seres vivos.