6.- O sistema solar:


Ao igual que a Terra existen outros planetas que xiran arredor do Sol. Ao conxunto que forman unha estrela e os corpos celestes (planetas, satélites, asteroides e cometas) que xiran ao seu arredor chamámoslle sistema planetario. No noso caso, dado que a estrela é o Sol, a este sistema planetario chamámoslle sistema solar e está formado por:

O Sol: é o único astro luminoso, unha estrela amarela, de tamaño mediano (respecto a outras estrelas) pero case que un millón e medio de veces máis grande que a Terra. Está formado por unha gran cantidade de gases e no seu interior prodúcense violentos cambios chamados reaccións que desprenden moita enerxía.

Cometas: esferas de rochas, xeo e po seguidas dunha cola de vapor de auga que ao pasar preto das estrelas brillan. O máis coñecido é o Halley que tarda 76 anos en completar a súa órbita.

A

L

C