1.- O noso planeta e a vida:
A Terra é o único planeta no que se atoparon seres vivos, isto é debido as seguintes características físicas:
A existencia de auga, imprescindible para a existencia de vida tal e como a entendemos.
A temperatura da súa superficie, condicionada pola distancia da Terra ao Sol, fai que as temperaturas sexan moderadas, se estivese máis preto do Sol habería moita máis calor e se estivese máis lonxe moito máis frío.
A presencia dunha cantidade importante de osíxeno na súa atmosfera. Esta atmosfera sirve tamén de capa protectora da Terra, filtrando o paso de raios ultravioletas do Sol, regulando a temperatura ou facendo que os meteoritos se desintegren ao entrar nela, evitando así que chegasen á superficie da Terra. A desintegrarse os meteoritos brillan e forman o fenómeno que coñecemos como estrelas fugaces.