As diapositivas.
É como se lle chama nas presentacións ás distintas imaxes que van a ir aparecendo no noso traballo. E bo que teñas en conta estes consellos:
Busca a información e selecciona aquela máis axeitada, en cada diapositiva so deben de aparecer as ideas principais.
Unha imaxe é mellor que mil palabras, non estás realizando un traballo cun procesador de textos.
Se o fondo que elixiches para a túa exposición é escuro emprega letras de cor clara e viceversa.
Moitas cores non é sinónimo de bonito.
O tamaño da letra do texto (fonte) debe de ser o suficientemente grande para poder ser lida con facilidade.
Evita o uso de máis de dous tipos distintos de fontes.
Aínda que as presentacións poden conter sons e animacións, non abuses delas.
Sempre é educado dar as grazas na derradeira diapositiva.