As presentacións. Unha presentación é unha serie de imaxes e textos que se amosan nun orden determinado para axudar na exposición dun tema. Para crear as presentacións empregaremos o programa LibreOffice Impress Basicamente ten tres partes diferenciadas:
➀Portada: incluímos o título da presentación e o noso nome. Pode ser interesante que a esta información lle acompañe unha imaxe alusiva ao tema que vamos a tratar.
➁Índice: esta parte é opcional (podemos no pola) e recolle as partes nas que dividimos a nosa presentación.
➂Desenvolvemento do tema: é a parte máis extensa onde vamos expondo ordenadamente os contidos da nosa exposición.