4.- A función de reprodución:
É a función que permite ter descendentes na etapa adulta de calquera ser vivo. Esta función intenta garantir a perpetuación da especie.
Existen dous tipos de reprodución:
➀ Asexual: un só ser vivo produce novos descendentes, normalmente a partir dunha parte do seu corpo.
➁ Sexual: precisan dun ser feminino e un masculino. Cada un destes seres produce un tipo distinto de células especializada na reprodución chamadas gametos. A súa unión da lugar a unha nova célula chamada cigoto o cal se desenvolve ata formar un embrión e, posteriormente, un novo ser.