3.- A función de relación:
Todos os seres vivos reaccionan ante estímulos tanto internos como externos.
Ante as temperaturas baixas, por exemplo, hai animais que entran nunha fase de letargo ou plantas que perden as súas follas. No caso dos animais, ante un caso de perigo percibido polos sentidos, reaccionan intentando buscar unha situación segura. O noso corpo reacciona con febre e/ou vómitos cando é atacado por virus como o da gripe. As plantas son quen de facer medrar as súas raíces ata unha zona do subsolo onde haxa máis auga.
No caso dos animais esta función está ligada aos sentidos, os sistemas nervioso e endocrino e o aparato locomotor.