2.- A función de nutrición:
Todo ser vivo necesita nutrientes e enerxía para vivir. A función de nutrición é a encargada de obter e procesar eses nutrientes, converter una parte deles en enerxía e de expulsar fóra do organismo os refugallos.
Os animais, por exemplo, realizan esta función mediante os aparatos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor mentres que as plantas non posúen aparatos para esta función xa que son capaces de fabricar o seu propio alimento.
Nesta función hai catro procesos:
➀ Obtención de nutrientes: para obter o alimento os seres vivos presentan dous xeitos:
Nutrición autótrofa: algúns seres vivos son quen de fabricar o seu propio alimento a partir de auga, dióxido de carbono e outros elementos. É o caso das plantas que cos elementos (sales minerais) que, xunto coa auga, obteñen polas raíces e a axuda da luz para obter carbono do dióxido de carbono son capaces de fabricar todo o alimento que precisan.
Nutrición heterótrofa: obteñen os nutrientes alimentándose doutros seres vivos.