1.- Introdución:
O universo sempre supuxo para humanidade unha constante inquedanza, os nosos antepasados da Idade de Pedra facían furados nas pedras para representar as distintas fases da Lúa, no 4000 a.C. os sumerios puxeron nome as constelacións que sinalaban puntos importantes no percorrido do Sol polo ceo e que constituían momentos importantes para a agricultura. Despois civilizacións como a grega afondaron no seu estudo, Tales de Mileto dicía que a Lúa estaba iluminada polo Sol así como que a Terra era redonda. Xa no século XVI Copérnico postula a súa teoría Heliocéntrica...
Pero foi dende o século pasado cando a humanidade empezou a desenvolver a tecnoloxía necesaria para explorar ese universo. Neste traballo vamos a pescudar os feitos acaecidos dende o 1900 ata os nosos días sobre a conquista do espazo.