3.- O traballo final:
Deberás de facer, como mínimo, unha entrada na liña de tempo indicando o momento no que se produciu o evento relacionado coa conquista do espazo que vas a comentar, deberá de aparecer unha imaxe alusiva ao comentado e un pequeno resumo do feito que aportas. Lembra, se o tema xa foi aportado por outro compañeiro ou compañeira deberás de buscar outro distinto.

Non esquezas indicar as direccións de onde recolliches a información ou outros lugares de internet onde podamos ter máis datos sobre o evento que introduciches.