ACLARACIÓN LINGÜÍSTICA |
Inicio |
Por imperativo da Consellería de Educación, neste traballo optouse por utilizar as Normas Ortográfica e Morfolóxicas do Idioma Galego (NORMIG) publicadas no 2003 pola Real Academia Galega (RAG), se ben pensamos que o futuro do galego vai parello da súa relación coas variantes irmás lusófonas.
Por outro lado, máis aló do problema ortográfico, nos encontramos como principal reto a solventar os aspectos relacionados co léxico. Isto foi máis notorio nos campos específicos nos que se centra o traballo, principalmente os da Educación Física, Medicina e Nutrición. A situación nalgún deles é dunha total ausencia de desenvolvemento lexical específico, complicado ademais por existir fontes terminolóxicos de diferentes institucións (RAG, Termigal, Digalego, AGAL, AEG) con disparidade de solucións que, nalgúns casos, incluso se opoñen. Como exemplo sirva o termo do Termigal "estiradas" para referirse a exercicios de alongamento muscular (en inglés de “stretching”) que no dicionario en liña da RAG e no Digalego da Xunta aparece vinculado a unha acción dos gardametas para deter a pelota. É máis, o citado dicionario da RAG, non encontramos ningún termo que recolla o citado concepto. Esta situación chegou tal nivel de caos que nos vimos na obriga de pórmonos en contacto cos responsábeis de lexicografía da RAG e do ILGA.
Dada a situación, optouse por utilizar como referencia base terminolóxica o Dicionario da RAG (único coa consideración necesaria para fixar “norma”). Agora ben temos encontrado grandes lagoas e mesmo algúns erros nas definicións dos termos específicos dos campos lexicais antes citados. Así, por exemplo, neste dicionario defínese o “peroné” como o “óso da perna situado por detrás da tibia e máis curto e delgado ca esta”, cando en realidade se encontra situado lateralmente á tibia, no lado externo. Estas eivas foron notificadas ao responsábel do Seminario de Lexicografía da RAG para a súa valoración e modificación se o considerasen oportuna.
A existencia dos problemas mencionados no parágrafo anterior obrigounos a tomar decisións de tipo lingüístico, nomeadamente léxico, para poder continuar o traballo. Os criterios que se seguiron para manter unha certa coherencia interna en canto a estas decisións foron:
Como resultado de toda esta situación optamos tamén por introducir un apartado de “Glosario” interactivo e accesíbel dende todos os apartados do que consta o recurso didáctico presentado.
(recollidos todos na web da Sección de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela)