MANUAL DE USUSARIO

Inicio


INTRODUCIÓN

O presente manual está pensado para o usuario final da aplicación web do proxecto: Mens Sana in Corpore Sano.

Todo o proxecto que tes entre as mans foi deseñado para poder ser utilizado tanto dende un 'servidor' (na internet ou na intranet do teu centro) como dende 'local', directamente con un pendrive, cd-rom,..., conectado ao teu computador, agás algúns contidos determinados que se irán sinalando a medida que aparezan.

O proxecto está dividido en tres unidades didácticas interdisciplinares (UDIs) ás que podes acceder dende a páxina inicial (imaxe 1) da aplicación. Estas unidades son:

IMAXE 1
Páxina Inicial

PÁXINA DE INICIO

Ao entrar na aplicación encontraraste directamente na pantalla de inicio. Para poder entrar en cada unha delas só hai que premer enriba dos seus títulos, tal e como podedes ver na imaxe 2.

IMAXE 2
Organización da Páxina Inicial

Asemade, nesta primeira pantalla atopamos dúas zonas máis que nos aportan información sobre o proxecto:

- INFORMACIÓNS VARIAS: Facendo clic nestes apartados poderás consultar:

- LICENZA E SOFTWARE UTILIZADO: Facendo clic nestes apartados poderás consultar:


PANTALLA PRINCIPAL

As tres unidades didácticas que compoñen o presente proxecto teñen unha organización similar na web. Podemos dividir a pantalla principal das UDIs tal e como podemos apreciar na seguinte imaxe:

IMAXE 3
Organización da Web

- CABECEIRA (na parte superior da pantalla): aquí atopamos varios apartados:

- MENÚ LATERAL (na parte esquerda da pantalla): aquí tamén nos encontramos con varios apartados:

- PÉ DE PÁXINA (na parte inferior da pantalla): aquí atopamos a mesma información que había na páxina de inicio:

- ZONA PRINCIPAL (na parte central da pantalla): nesta zona é onde irán aparecendo tanto os contidos como as actividades que sinalamos no menú lateral.


Inicio