ACCESIBILIDADE WEB

Inicio


ACCESIBILIDADE. MENS SANA IN CORPORE SANO.

Os autores do proxecto Mens Sana in Corpore Sano apostan pola accesibilidade dos contidos dixitais, de aí que o presente proxecto se desenvolvera do xeito máis accesíbel posíbel. Dividimos as actuacións en prol de acadar un acceso máis universal ao noso proxecto en varios apartados:

PROBLEMAS DE CONEXIÓN

DIFICULTADE DE VISIÓN

Para a xente que presenta algún tipo de dificultade de visión, permanente ou temporal, contémplanse varios dispositivos para facilitarlle o acceso aos contidos.

DIFICULTADE AUDITIVA

Para evitar problemas de acceso aos contidos e actividades dos proxecto por parte de persoas que presenten unha dificultade temporal ou permanente a nivel auditivo, ou que se atopen en lugares onde non poden usar o son (bibliotecas,...); todo o proxecto foi creado de forma que todas os aspectos importantes para o seu desenvolvemento se atopen en formato texto.

PROBLEMAS DE DISLEXIA

PROBLEMAS DE DALTONISMO

Asemade, seguindo esta, a capacidade para diferenciar cores non é necesaria para poder seguir con normalidade os contidos e actividades presentadas neste proxecto.

PROBLEMAS DE MOTRICIDADE

Para os casos de persoas con problemas de motricidade pensamos en varias estratexias para acceder aos contidos dun xeito máis doado.


Inicio