TAREFA 5 O ENSAIO DA NOSA PRIMEIRA SAÍDA COS VISITANTES.

Chegou o momento de dar a coñecer todo o que sabemos da nosa paisaxe. Que a estas alturas é ¡moito!.

Coa axuda do profesorado imos organizar unha xornada de traballo de campo. Compañeiros/as doutros cursos e as nais e pais que se animen serán os primeiros en realizar a nosa ruta paisaxística. Esta actividade realizarase ao longo dunha mañá e todos os participantes disporán nos seus móbiles da App_Paisaxe que elaboramos e que haberemos cargado nos dispositivos móbiles. Será o voso profesor/a quen organice as vosas intervencións ao longo do percorrido en cada unha das paradas establecidas para explicarlles aos asistentes aqueles temas obxecto de interese e que foron traballados por nós. Convidarémoslles aos participantes a que realicen, igual que fixemos nós, tomas de mostras, fotos, vídeos e debuxos naqueles lugares suxeridos na ruta. E finalmente, unha vez rematado o percorrido, pedirémoslles que cubran unha sinxela enquisa de valoración da ruta e dos contidos traballados.

Esta primeira saída será gravada polo profesorado para avaliar con posterioridade as vosas intervencións.

Estándares de aprendizaxe asociados

PSB3.1.1 Realiza buscas e pequenas investigacións en medios impresos e dixitais referidas ós valores da paisaxe próxima e localiza páxinas e recursos web directamente relacionados con eles.