Page 99 - index
P. 99
99
ELEMENTOS DA LINGUAXE TELEVISIVA
O Plató ou estudio de televisión é o espazo no que se realizan e gravan os programas de televisión que fan as cadeas
ou empresas de televisión
A producción televi-
siva é o producto que se fai no
estudio de televisión. Nas páxinas
anteriores vimos os diferentes xé-
neros televisivos, de entretemento
ou de información.
Igual que no cine, existen moitas
persoas e traballos para chegar a
ter un programa de televisión.
O equipo de produc-
ción, baixo a dirección do Pro-
ductor e con diferentes coordi-
nadores e axudantes, prepara a
idea do programa, encarga o guión,
busca aos actores, os decorados,
edita o programa... Ao fnal queda
o material do programa gravado.
Elementos esenciais na produción
televisiva, e coordinados polo equi- Pequeno plató de televisión nunha facultade universitaria
po de produción son:
O guión que, o mesmo que no cine, é un texto onde se reficte todo o que vai acontecer e cómo vai a acontecer na
gravación do programa televisivo.
A realización. que é coma o director nunha produción cinematográfca. O realizador é o que decide como se grava
o programa: Que planos, con cantas cámaras, dirixe aos actores...
A posproducción. En moitos casos, fundamentalmente nos programas emitidos en diferido, unha vez gravado o
programa é preciso elixir o material axeitado entre todo o que se gravou, para adaptalo á duración real do programa. Faise
a montaxe fnal.
Gran plató de televisión con público

