Page 96 - index
P. 96
967 2.- LINGUAXE TELEVISIVA
A televisión é un aparello polo que se emiten imaxes e sons. Na televisión podemos ver unha película cinematográfca e,
nese momento, non poderíamos falar de linguaxe televisiva senón de linguaxe cinematográfca. Falaremos de linguaxe
televisiva cando vemos (e escoitamos) produtos feitos por e para a televisión e isto abrangue xéneros moi diferentes.
TELEVISIÓN DE ENTRETEMENTO
Os programas televisivos de entretemento, coma o seu nome indica, teñen coma fnalizade divertir e entreter ao espec-
tador e son moi variados:
OS CONCURSOS
O presentador fai preguntas e os concursantes as responden. Hai premios máis ou menos custosos. Fanse nun esce-
nario (plató) e o presentador debe ser un bo comunicador.
En España temos diferentes exemplos disto: Cifras e letras,
Saber y ganar, Pasapalabra, etcétera.
Dende fai un tempo proliferan os “Concursos de talentos”
con diferentes temáticas: MasterChef (cociña), La Voz ou
Operación triunfo (cantantes), ¡Mira quién baila! (baile),
Got talent (multidisciplinar), etcétera.
O peor de todo e que estes programas, máis espectáculo
que outra cousa, teñen as súas versións infantís, con nenos
menores de idade.
TVG. Cifras e letras
RTVE. MasterChef Junior TELECINCO. Got Talent
DE ACTUALIDADE
Os programas chamados de actualidade (tamén coñecidos
coma talk show ou magazine). Adoitan ter un ou varios pre-
sentadores, personaxes invitados e público. Grávanse en
directo pero non se emiten, agás excepcións, en directo.
Adoitan tratar temas de actualidade ou “de moda” e a fna-
lidade exclusiva, en xeral, é captar a audiencia do espec-
tador (as listas de audiencia son fundamentais) a calquera
prezo: Manipulan, contan mentiras, terxiversan a realidade
ou directamente a inventan. A fnalidade é manterse na pri-
meira posición das listas de audiencia para, dese xeito, con-
seguir máis anunciantes e gañar máis cartos.
A calidade intelectual e ética destes programas adoita
ser ínfma. TELECINCO. Sálvame
Algúns nomes destes programas en España: Sálvame, Tú sí
que vales, Corazón e moitos outros.

