Page 94 - index
P. 94




947 1.- LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA




A linguaxe audiovisual é, como outras linguaxes (faladas ou escritas), un sistema de comunicación que permite trans-
mitir mensaxes mediante imaxes en movemento e sons.
Dentro da linguaxe audiovisual temos diferentes medios, sendo os máis salientables o cine e a televisión. Outros medios
coma o vídeo, internet e as redes sociais utilizan, con variacións, as mesmas linguaxes ca eles.

A imaxe en movemento está baseada na proxección de 24 imaxes por segundo que é o que fai que a imaxe fxa de sen-
sación de movemento real. Calquera cámara de vídeo é o que fai, sacar 24 fotos por segundo; cando as proxectemos,
posteriormente, a esa velocidade, teremos imaxe en movemento.

LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA


A LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA é a linguaxe que permite contar unha historia mediante imaxes en movemento e
sons.
Os elementos visuais da linguaxe cinematográfca son as UNIDADES NARRATIVAS, coas que traballa o director para
facer a película. Esencialmente son tres: O PLANO, a ESCENA e a SECUENCIA.

PLANO


A TOMA é a unidade básica de flmación. Dura dende que se inicia a flmación (cando o director di “acción”) ate que remata
(cando o director di “corten”).
A parte da TOMA que se aproveita na montaxe fnal da película é o PLANO. Cando se fai unha toma aparece a flma-
ción da claqueta (unha prancha onde se anotan os datos da toma) e outras partes que, na montaxe da película, non se
usarán.
O plano é o elemento narrativo máis pequeno. Podemos ter diferentes tipos de planos.

PLANO XERAL PLANO 3/4 ou PLANO AMERICANO
Aparece o escenario completo e tódolos personaxes nel. Os personaxes amósanse ate os xeonllos. Este plano
apareceu no western americano para que o espectador vira
as cartucheiras dos “colt” dos pistoleiros, e como desenfun-
daban...















Luis Buñuel. Viridiana. 1961









John Ford. Stagecoach. 1939













PLANO MEDIO
Amósanse os personaxes ate a cintura, máis ou menos.
Ridley Scott. Gladiator. 2000
   89   90   91   92   93   94   95   96   97   98   99