Page 86 - index
P. 86
866 4.- SIMETRÍA
SIMETRÍA AXIAL
A simetría axial (ou con respecto a un eixo dado) consiste en debuxar unha forma xeométrica que sería superpoñible
sobre a dada pregando o plano polo eixo de simetría. A fgura resultante non é igual que a orixinal. É o mesmo efecto
que a nosa imaxe nun espello: É a imaxe simétrica da nosa, pero non igual pois cando nos movemos o brazo dereito a
nosa imaxe no espello move o esquerdo.
Trazado:
Dada unha forma xeométrica ABCD debuxar a súa simétrica con respecto ao eixo e.
1.- Polo punto A trazamos, co escuadro e o cartabón, unha recta perpendicular a e. Collemos, co compás, a medida AP e
a levamos a partir de P, obtendo o punto A1.
2.- Facemos o mesmo cos restantes puntos B, C e D.
3.- Unindo os catro puntos A1, B1, C1 e D1 obteremos a forma xeométrica simétrica da dada con respecto ao eixo e.
Mascarón con fores y tulipanes
Gabriel de la Corte. 1694. Óleo sobre lienzo
A simetría axial ten sido moi usada ao longo da historia en
todo tipo de composicións plásticas ou edifcacións. Aporta
equilibrio, claridade e orde. Aquí temos algúns exemplos.
Basílica de la Santa Cruz
Filippo Brunelleschi. 1863 (fachada)
Tríptico de Perugia (Iglesia de Sto. Domingo- Perugia
Fra Angélico. 1448

