Page 83 - index
P. 83




83




Dado un segmento obter a súa parte áurea
Dado o segmento AB obter a súa parte áurea.
Trazado:
1.- Facemos a mediatriz do segmento AB e obtemos o punto C. Polo extremo B levantamos unha recta perpendicular a
AB.
2.- Facendo centro en B e con raio BC trazamos un arco que cortará á perpendicular en D.
Unimos D con A. Con centro en D e raio DB trazamos un arco e obtemos o punto E.
3.- O segmento AE é a parte áurea de AB.


















Dada a parte áurea dun segmento obter o segmento
Este método é o método de trazado do rectángulo áureo dado o lado menor AB.
Trazado:

1.- Trazamos unha recta calquera r e, sobre ela levamos o lado AB.
Trazamos a mediatriz de AB e obtemos o punto C.
2.- Trazamos unha perpendicular a r por B. Con centro en B e raio BA trazamos un arco e obtemos o punto D.
Con centro en C e raio CD trazamos un arco que cortará a r en E. O segmento AE é o lado maior do rectángulo áureo.
3.- Levantamos unha perpendicular a r por A e levamos sobre ela a medida do lado menor AB, obtendo o punto F.
Trazamos paralelas aos lados AE e AF polos puntos E e F e obtemos o rectángulo áureo.
   78   79   80   81   82   83   84   85   86   87   88